sábado, 27 de octubre de 2012


   Ben, parece que a debate se centra entre os que optan por un clásico de tempos pasados (versións consolidadas que se manteñen ao longo do tempo polo que son recoñecidas pola maioria da xente), e outra que se inclina por arriscar con versións mais actuais (menos coñecidas, pero que si teñen sorte, causan un gran impacto entre o publico).
   Eu como podedes supoñer decántome por estos últimos, polo que de seguido paso a expoñer as razóns polas que defendo a proposta de "Lmfao Party Rock" como a mellor ...: é unha peza moi pegadiza, ten bastante rimo, é do ano 2011 creo, polo que a pesares de ser relativamente nova, xa é bastante coñecida. No video que subín ao blog por exemplo, é a base dun “flashmob” (movemento de moda utilizado para campañas de publicidade baseado na aparente e repentina reunión nun lugar público por parte dun grupo de xente que de maneira esporádica comezan a bailar de xeito mais ou menos sincronizado, e aos que se lle van sumando cada vez mais e mais xente ata rematar e dispersarse con rápidez) ... Despois, a coreografía pódese axeitar ao nivel de dificultade que precisemos. Na rede pódense ver unhas cuantas, das que se poden sacar varios movementos …
   Ben, de momento deixovos estos argumentos para que vaiades reflesionando …
   Nota: A opción de “Gangnam Style” tampouco me disgusta, ainda que me gusta un chisco mais a de “Lmfao Party”
Veña, ¡Outro saudo para todos …!               (Richard)

No hay comentarios:

Publicar un comentario